Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A rúa do Freixo terá novo pavimento e servizos

A rúa do Freixo terá novo pavimento e servizos

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Venres, 23 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rúa do Freixo terá novo pavimento e servizos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisaron este venres a execución do proxecto de acondicionamento da rúa do Freixo, que une Camiño Real e rúa Pontevedra, unhas obras que, conxuntamente, coas da rúa da Xesta teñen un orzamento de 86.000 euros, achegados por Deputación e Concello a través do Plan Único. As actuacións, que rematarán a vindeira semana, consisten na reposición do firme e a substitución das redes de abastecemento e saneamento.

Ademais das obras das rúas do Freixo e da Xesta, o Plan Único de 2017 inclúe a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella; a pavimentación e servizos en rúa Fonmiñá e Piñeiral, nas Gándaras; a pavimentación e servizos en rúa Flor de Lis, en Abella; e a pavimentación e ampliación da rede de abastecemento na urbanización Bellavista, na parroquia de Esperante. A maiores, cos remanentes ampliarase a rede de abastecemento en Saamasas e pavimentarase a Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos.

A Alcaldesa e o edil de Infraestruturas Urbanas destacaron que todas estas actuacións contribúen a mellorar as dotacións municipais e deste xeito a calidade de vida da veciñanza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/rua-do-freixo-tera-novo-pavimento-e-servizos