A revista virtual Foeminas publica un novo número
- Tema
- Igualdade
A revista virtual Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina web municipal www.lugo.es [1]. Esta publicación, que xa suma 21 números, inclúe este mes unha reportaxe especial que conmemora o Día Internacional da Muller Rural, celebrado o pasado 15 de outubro.
Na sección de Portada recóllese, baixo o título De mi tierra... unha reflexión sobre a realidade da vida da muller rural en todas as súas facetas. Para afondar na situación das traballadoras do campo preséntase unha entrevista á produtora rural Marta Álvarez Quintero nun artigo denominado Granxa Maruxa (Rebelión en la granxa).
Tamén en Portada publícase a segunda parte da entrevista a María Naredo Molero e a continuación do encontro Palabras de Mulleres celebrado os días 9, 10 e 11 de maio en Lugo. Nesta ocasión realiza a súa presentación a poeta Estíbaliz Espinosa.
Historia de Mulleres está dedicada ao Día da Hispanidade e lembrase a vida dunha figura emblemática do mestizaxe en México: La Malinche. A investigadora Maribel Hernández Cruz achéganos a historia de esta paradigmática muller desde México.
Neste número estréase unha sección titulada Foeminas Panorámica que servirá para dar a coñecer unha escolma de exposicións, accións e convocatorias de grande interese para continuar afondando no debate e na loita contra a violencia e a favor da igualdade de xénero.
Na Galería de Arte preséntase a segunda parte do informe sobre Louise Bourgeois.
A sección Contemporáne@ conta coa presencia dunha artista internacional: Vera Goulart.
En Mullerciclopedia Luz Darriba aporta a súa visión do espectáculo da gran bailaora Sara Baras.
Por último, a avoa Maruja comparte a súa exquisita receita de tortilla española e Ana conta a súa experiencia tras unha viaxe a Marrocos.
