Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Retratos sobre fondo negro no Vello Cárcere para sensibilizar sobre a discapacidade visual

Retratos sobre fondo negro no Vello Cárcere para sensibilizar sobre a discapacidade visual

Recolle 41 imaxes, realizadas por Pilo Gallizo. Poderá visitarse ata finais de decembro

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 02 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Retratos sobre fondo negro no Vello Cárcere para sensibilizar sobre a discapacidade visual

O patio do Vello Cárcere volveu encherse para un acto cultural, desta vez a apertura da mostra Retratos sobre fondo negro, de Pilo Gallizo. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a presidenta da Asociación Tiresias Galicia, Lourdes Díaz, e a propia autora inaguraron a exposición, que é froito serie de visitas que tivo na casa Gallizo como consecuencia dun período de convalencia dunha enfermidade, no período dun ano, que lle provocou a perda do 70% da visión.

Tras os relatorios, Guadi Galego & Guillerme Vázquez puxeron o broche de ouro ao acto público, que serviu tamén para afondar nesta iniciativa cultural, que pretende ser tamén un acto de concienciación e de apoio a todas as persoas con baixa visión, ao tempo que se emprega a fotografía como feramenta para a transformación social. De feito, con ela o Concello conmemora o Día Mundial da Visión, que coincide o xoves, 11 de outubro.

Retratos sobre fondo negro recolle 41 imaxes. Poderán verse nas celdas do primeiro andar do Vello Cárcere ata finais de decembro. A inauguración terá lugar o propio martes, ás 20:00 horas, e contempla un concerto de Guadi Galego & Guillerme Vázquez. O horario do centro é luns, de 11:00 a 14:00 horas, martes, mércores e domingos, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas; e xoves, venres e sábados, de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 22:30 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/retratos-sobre-fondo-negro-no-vello-carcere-para-sensibilizar-sobre-discapacidade-visual