Representación de Nut Teatro, o domingo no Auditorio
- Tema
- Cultura e Turismo
Compañía Nut Teatro representará o domingo, día 29, en Lugo, a obra “Corpos Disidentes”. Trátase dunha nova actividade cultural dentro do ciclo organizado conxuntamente pola Concellería de Cultura e Turismo e o Igaem.
A obra poderá verse no Auditorio Gustavo Freire, a partir das oito da tarde. A venda de entradas será a través do servizo de televenta de localidades de Caixanova no número 902 50 45 00 ou en www.servinova.com [1]. Como sempre, poderán compranse dende unha hora antes da representación no propio Auditorio. O prezo oscilará entre os 7 e os 3 euros.
“Corpos Disidentes” é un espectáculo multimedia que se enmarca no teatro de tipo conceptual-performativo. As accións que as catro actrices realizan sobre a escena desenvolven as implicacións do prefixo TRANS-, reclaman do espectador a predisposición de iniciar viaxe a través das fisuras do visible e instalarse así na realidade que non se ve, pero que non por iso é menos realidade.
Corpos Disidentes estrutúrase en tres bloques: Construción, Reconstrución e Deconstrución, precedidos dun Prólogo e seguidos dun Epílogo.
