Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rematan dous cursos de formación en informática e en técnicas de búsqueda de emprego organizados polo Concello

Rematan dous cursos de formación en informática e en técnicas de búsqueda de emprego organizados polo Concello

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os cursos organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias de Deseño Gráfico e de Técnicas de Búsqueda de Emprego celebraron hoxe, día 31 de agosto, a súa última xornada.

Estas dúas accións formativas organizáronse co obxectivo de ofrecer á mocidade lucense unha formación teórico-práctica para mellorar as súas habilidades informáticas e dar unha asesoría completa para a redacción dun curriculum vitae atractivo e organizar dun xeito práctico a búsqueda de emprego, respectivamente.

Ambos cursos tiveron unha duración de 14 horas e compaxinaron clases teóricas con actividades prácticas.

Os participantes no curso de Deseño Gráfico recibiron nocións básicas sobre o manexo de programas de deseño gráfico e multimedia como Gymp e Open Office.

O curso de Técnicas de Búsqueda de Emprego estivo dirixido a mozos maiores de 16 de anos de idade, que aprenderon a redactar o seu curriculum e cartas de presentación, ademais de organizar a búsqueda de emprego dun xeito efectivo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/rematan-dous-cursos-de-formacion-en-informatica-e-en-tecnicas-de-busqueda-de-emprego