Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A rehabilitación do soto da Praza de Abastos comezará o xoves 18

A rehabilitación do soto da Praza de Abastos comezará o xoves 18

Cristina López: “a partir deste venres o Mercado Tradicional celebrarase na Praza da Soidade”.

A área de Participación comunicou o inicio dos traballos, que teñen un prazo de execución de 75 días, cun investimento de 586.625€.

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Mercados
Luns, 15 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rehabilitación do soto da Praza de Abastos comezará o xoves 18

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou do inicio dos traballos de rehabilitación do soto da Praza de Abastos, que terá lugar o vindeiro xoves 18. Cristina López explicou que “esta rehabilitación permitirá completar a renovación da Praza de Abastos, que se unirá á peonalización de Quiroga Ballesteros para que a veciñanza de Lugo conte cunha zona emblemática da cidade completamente renovada”, e engadiu  ”buscamos unha Praza de Abastos na que todas as veciñas e veciños poidan ir facer as súas compras nun entorno amable e accesible”.

A rehabilitación do soto foi contratada por 586.625€, e un prazo de execución de 75 días. O proxecto inclúe a renovación de instalacións e servizos, como electricidade, auga, telecomunicacións e calefacción, ademais de mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Cristina López explicou que “as obras de peonalización de Quiroga Ballesteros e a rehabilitación do soto da Praza vanse executar de xeito coordinado para para garantir en todo momento os accesos á praza e os espazos de carga e descarga, tratando de reducir as molestias ao mínimo para a veciñanza e os postos”

Mercado Tradicional

Desde a área de Participación habilitouse unha carpa na Praza da Soidade, na que a partir do venres 19 se colocarán as distintas vendedoras do Mercado Tradicional, que ten lugar nas mañás dos martes e dos venres, entre as 8:30 e as 14:30 horas.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a reforma do soto da Praza de Abastos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/rehabilitacion-do-soto-da-praza-de-abastos-comezara-o-xoves-18

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210215_cristina_lopez_reforma_soto_praza.mp3