Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Recolocouse a placa adicada a García Lorca da praza de Pío XII

Recolocouse a placa adicada a García Lorca da praza de Pío XII

En outubro do ano 2006 colocárase unha obra conmemorativa do escultor Urza na praza de Pío XII coincidindo cos 90 anos da chegada a Lugo do escritor

O 18 de agosto cúmprense 83 anos do fusilamento do poeta 

  • Tema
    • Obras en execución
Venres, 16 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Recolocouse a placa adicada a García Lorca da praza de Pío XII

O alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciaron no día de hoxe que, coincidindo co 83 aniversario do fusilamento de García Lorca, se repuxo a placa conmemorativa da súa primeira visita a Lugo, que fora colocada na praza de Pio XII en Lugo en Outubro de 2006. O 28 de outubro de 1916 foi cando Federico García Lorca, con 18 anos, chegou por primeira vez a Lugo xunto con catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha “excursión de arte” por diversas vilas e cidades.

A colocación en Lugo da placa conmemorativa fora iniciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galiza e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta á cidade de Lugo para realizar unha serie de actos, entre os cales estaba a instalación desta placa na praza de Pío XII.

Segundo os diarios da época, Federico García Lorca chegou a Santiago de Compostela o 25 de outubro de 1916. Ademais da primeira visita de Federico García Lorca á cidade de Lugo e a Galiza no 1916, o poeta granadino visitou, de novo a cidade de Lugo, no 1932. Tras o comenzo da guerra civil, na madrugada do 18 de agosto de 1936, Federico García Lorca foi fusilado polos golpistas, con 38 anos de idade, xunto a un olivo na estrada que une as localidades de Víznar e Alfacar en Granada. 

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre a placa adicada a García Lorca | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/recolocouse-placa-adicada-garcia-lorca-da-praza-de-pio-xii

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/190816_ruben_arroxo_placa_lorca.mp3