Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Recepción no Concello ás participantes na Escola de Mulleres Dirixentes da UXT

Recepción no Concello ás participantes na Escola de Mulleres Dirixentes da UXT

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 09 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, recibiu esta tarde no Concello ás participantes na V Escola de Mulleres Dirixentes da UXT que comezou esta mañá na nosa cidade.

No acto, a Concelleira deulles a benvida ás dirixentes sindicais da UXT que participan nesta Escola e destacou na súa intervención o feito de que “todas loitamos pola igualdade entre homes e mulleres e por lograr que as mulleres poidamos acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións cos homes”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/recepcion-no-concello-participantes-na-escola-de-mulleres-dirixentes-da-uxt