Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Recepción no Concello ó equipo galego de pentatlón moderno

Recepción no Concello ó equipo galego de pentatlón moderno

  • Tema
    • Deportes
Luns, 07 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá unha recepción ó equipo galego de pentatlón moderno, do que forman parte o campión de España absoluto, Cristóbal Rodríguez, que estivo representado no acto pola súa nai xa que o deportistas está estes días en Hungría; o campión de España infantil, Joel Rois Rodríguez, e a campioa de España alevín, Aroa Freije Torneiro.

O Alcalde deulles o parabén “por levar o nome de Lugo tan alto, tan forte e tan lonxe”. Tamén os felicitou por gañar nestas competicións pero,sobre todo, felicitounos por facer o esforzo que significa adestrar todos os días.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/recepcion-no-concello-o-equipo-galego-de-pentatlon-moderno