Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Quince axentes se incorporan hoxe á Policía Local tras tomar posesión esta mañá nun acto presidido pola alcaldesa

Quince axentes se incorporan hoxe á Policía Local tras tomar posesión esta mañá nun acto presidido pola alcaldesa

Os novos funcionarios se integran no cadro de persoal logo de superar a formación impartida pola AGASP, elevando ata os 105 o número de efectivos do Corpo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Luns, 21 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Quince axentes se incorporan hoxe á Policía Local tras tomar posesión esta mañá nun acto presidido pola alcaldesa

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de 15 novos axentes da Policía Local que se incorporan á Xefatura lucense logo de superar a formación da Axencia Galega de Seguridade Pública.

A súa chegada, que eleva o número de efectivos do Corpo a 105, suporá un revulsivo para a organización interna do servizo que, dende o pasado mes, conta tamén con catro novos inspectores cos que se forneceu a estrutura xerárquica e a escala de mandos.

Os 15 funcionarios xuraban hoxe o seu cargo, acompañados exclusivamente dun familiar debido ás restricións de aforo impostas pola pandemia, nun acto que se celebrou no Salón de Plenos do Concello e no que tamén estivo presente o Inspector Xefe, Jesús Piñeiro.

A alcaldesa aproveitou a cerimonia para dárllela benvida aos axentes e quixo agradecer á Policía Local o labor que levan realizado todos estes meses, nos que, sen desatender o resto de tarefas, mantiveron unha especial vixilancia sobre o control das restriccións e o cumprimento das recomendacións sanitarias impostas pola crise sanitaria.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/quince-axentes-se-incorporan-hoxe-policia-local-tras-tomar-posesion-esta-mana-nun-acto