Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Publícase no BOP o nomeamento de Manuel Méndez Novo como Xefe da Policía Local

Publícase no BOP o nomeamento de Manuel Méndez Novo como Xefe da Policía Local

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 07 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia o nomeamento do Xefe do corpo da Policía Local de Lugo, Manuel Méndez Novo, que tomará posesión nun acto que se celebrará este xoves 10 de maio. O nomeamento fíxose polo sistema de libre designación, de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, previa convocatoria pública na que podían participar funcionarios de carreira que teñan a máxima categoría no cadro de persoal do corpo de Policía Local de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, salientou que “esta será unha nova etapa cunha Policía Local encabezada por un home con experiencia, que coñece a cidade e o propio corpo de Policía”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/publicase-no-bop-o-nomeamento-de-manuel-mendez-novo-como-xefe-da-policia-local