Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Publicadas no BOP as listas de aspirantes admitidos e excluídos para selección de persoal que contratará o Concello ó abeiro do Plan Lugo Emprega

Publicadas no BOP as listas de aspirantes admitidos e excluídos para selección de persoal que contratará o Concello ó abeiro do Plan Lugo Emprega

  • Tema
    • Economía
Martes, 08 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos na convocatoria para a contratación de persoal polo Concello de Lugo dentro do Plan Lugo Emprega que puxo en marcha a Deputación.

Neste proceso para a selección do persoal laboral temporal que prestará servizos no Concello de Lugo con cargo ó Plan de Emprego provincial 2011 presentáronse 2.123 solicitudes, das que foron admitidas 2.034 e excluídas 89.

O Concello recibirá 800.000 euros da Deputación grazas a este plan de fomento do emprego na provincia, o que lle permitirá contratar 62 persoas durante seis meses. As prazas convocadas son 42 de peóns, 5 de auxiliares administrativos, 4 de ordenanzas, 3 de técnicos medios, 3 de dinamizadores, 3 de especialistas informáticos e 2 de delineantes.

Trala publicación das listas no BOP mañá abrirase un prazo de dez días hábiles para a subsanación de erros. Logo farase a publicación da lista definitiva de admitidos e fixarase a data para realizar a primeira proba.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/publicadas-no-bop-listas-de-aspirantes-admitidos-e-excluidos-para-seleccion-de-persoal-que