Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Publicadas as listas definitivas de prazas de novo ingresos nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2018/2019

Publicadas as listas definitivas de prazas de novo ingresos nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2018/2019

As persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010

O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos  e cativas teñan praza

  • Tema
    • Infancia
Venres, 08 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publicou este venres as listas definitivas de nenos e nenas admitidas no vindeiro curso 2018/2019 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer; así como as listaxes de espera e desestimados e desestimadas.

Todas as persoas interesadas poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación, situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010.

O prazo para formalizar a matrícula é do 11 ao 22 de xuño, na escola na que os cativos  e cativas teñan praza. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/publicadas-listas-definitivas-de-prazas-de-novo-ingresos-nas-escolas-infantis-municipais-para