Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Publicada en lugo.gal a declaración de bens patrimoniais dos 25 concelleiros da Corporación

Publicada en lugo.gal a declaración de bens patrimoniais dos 25 concelleiros da Corporación

  • Tema
    • Servizos xerais
Martes, 27 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A páxina web do Concello, lugo.gal [1], publica a declaración de bens patrimoniais e de causas de incompatibilidade e de actividades dos 25 concelleiros e concelleiras da Corporación. A información está dispoñible para todos os cidadáns no apartado de Transparencia da web, en Rexistro de Intereses, ano 2015.

A publicación dos datos sobre os bens patrimoniais dos edís fortalece a transparencia como piar básico da xestión municipal, que se verá incrementada coa posta en marcha dun Portal de Transparencia propio no que o Concello se atopa xa a traballar.

O Concello de Lugo está á cabeza das grandes cidades galegas en transparencia, segundo o último ránking elaborado pola prestixiosa organización Transparencia Internacional, correspondente ao ano 2014. O Goberno confía en que a puntuación será máis elevada no ranking deste 2015, tendo en conta as numerosas melloras que se introduciron a principios de ano neste eido na nova páxina web e a posta en marcha do Portal de Transparencia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/publicada-en-lugogal-declaracion-de-bens-patrimoniais-dos-25-concelleiros-da-corporacion

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/lugo.gal