Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Publicación das persoas admitidas e excluída para a selección de participantes no proxecto Lugo Emprego Activo

Publicación das persoas admitidas e excluída para a selección de participantes no proxecto Lugo Emprego Activo

Venres, 16 de marzo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe publícase no taboleiro de anuncios a lista de persoas admitidas e excluídas para tomar parte no proceso selectivo do proxecto Lugo Emprego Activo 2, segundo comunica a Concellería de Educación, Formación e Emprego. A partir do día seguinte a esta publicación ábrese un prazo de sete días naturais para que as persoas interesadas poidan facer rectificacións e enmendas.

Posteriormente, as persoas admitidas deberán realizar unha entrevista curricular por escrito que terá lugar o 27 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos.

Pódese solicitar máis información no 010, en Atención ó cidadan e no Espazo>lab no número de teléfono 982 297 361.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/publicacion-das-persoas-admitidas-e-excluida-para-seleccion-de-participantes-no-proxecto-lugo