Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As primeiras analíticas indican que a auga da traída de Lugo é apta para o consumo

As primeiras analíticas indican que a auga da traída de Lugo é apta para o consumo

  • Tema
    • Protección da comunidade
Xoves, 12 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo mantén igualmente a prevención ata que non se coñezan os resultados da auga recollida da propia planta

O Concello de Lugo foi informado esta tarde por parte da Consellería de Sanidade de que a auga da traída é apta para o consumo e non rexistra restos de hidrocarburo, tal e como indican as primeiras analíticas. Así llo trasladou o departamento autonómico ao Executivo Local tras realizar analíticas da auga da traída logo de producirse o verquido ao río o pasado luns. Trátase de mostras feitas con auga da villa en diferentes puntos da cidade.

Seguindo esta información, os lucenses poderían retomar o consumo de auga da traída con normalidade sen que exista risco para a saúde das persoas, pero o Concello prefire manter a prevención ata que se coñezan os resultados das mostras tomadas directamente da planta de Ombreiro.

Mañá o Concello recibirá as analíticas feitas na planta potabilizadora que, previsiblemente virán a confirmar os datos facilitados desde Sanidade. De ser así, o consumo poderá retomarse con normalidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeiras-analiticas-indican-que-auga-da-traida-de-lugo-e-apta-para-o-consumo