Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A primeira tradución ao galego de Poeta en Nova Iork estrearase en Lugo o 29 de xaneiro

A primeira tradución ao galego de Poeta en Nova Iork estrearase en Lugo o 29 de xaneiro

Maite Ferreiro presentou a obra dirixida por Paloma Lugilde

A área de Cultura promove un pase matinal para centros de ensino de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 20 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A primeira tradución ao galego de Poeta en Nova Iork estrearase en Lugo o 29 de xaneiro

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou hoxe na presentación de Poeta en Nova Iork xunto coa directora Paloma Lugilde e Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego. Á presentación acudiu tamén o elenco da obra, formado polas lucenses Sabela Eiriz e María Roja, xunto con Sergio Zearreta.

A área de Cultura promove un pase matinal para que “centros de ensino da cidade poidan achegarse ao teatro”, declarou  Maite Ferreiro, que engadiu “Trataremos de dar continuidade a este tipo de iniciativas no resto de representacións artísticas para favorecer o acceso da mocidade á cultura”.

“É un orgullo que Poeta en Nova Iork se represente por primeira vez en Lugo”, indicou Maite Ferreiro, que agradeceu tamén a colaboración do Centro Dramático Galego neste proxecto e anunciou a colaboración do Concello con esta institución. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, animou ás veciñas e veciños de Lugo a asistir “a unha mostra de teatro diferente ao que estamos a ver no teatro, máis intimista e cercana”.

Audios

  • Fran Núñez, sobre Poeta en Nova Iork | Descargar mp3 [1]
  • Paloma Lugilde, sobre Poeta en Nova Iork | Descargar mp3 [2]
  • Maite Ferreiro, sobre Poeta en Nova Iork | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeira-traducion-ao-galego-de-poeta-en-nova-iork-estrearase-en-lugo-o-29-de-xaneiro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200120_fran_nunez_poeta_en_nova_iork.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200120_paloma_lugilde_poeta_en_nova_iork.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200120_maite_ferreiro_poeta_en_nova_iork.mp3