Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Primeira reunión do alcalde coa nova Asociación Cultural Lugo Sur para coñecer as súas liñas de actuación como colectivo divulgador

Primeira reunión do alcalde coa nova Asociación Cultural Lugo Sur para coñecer as súas liñas de actuación como colectivo divulgador

Miguel Fernández brindou a colaboración do Concello nas actividades de promoción e difusión do coñecemento en distintos ámbitos, dirixidos a todo o municipio.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local
Luns, 26 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Primeira reunión do alcalde coa nova Asociación Cultural Lugo Sur para coñecer as súas liñas de actuación como colectivo divulgador

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo unha primeira reunión con catro dos directivos da nova Asociación Cultural Lugo Sur, entre eles co seu presidente, Carlos Vázquez, unha vez que este colectivo foi presentado nun acto publico o pasado 12 de xaneiro. Durante o encontro falouse dos primeiros pasos desta asociación, que tomará o relevo da asociación de veciños de Conturiz, nese importante labor de divulgación do coñecemento e como axente dinamizador da vida social e cultural, non só desta zona, senón do resto do municipio lucense.

Precisamente, o rexedor lucense brindou a colaboración do Concello para estas actividades divulgativas, que contan cun gran poder de convocatoria e que cada semana abordan temas de interese desde o punto de vista sanitario, xudicial ou deportivo, por citar algúns. Aínda que a súa sede mantense no lugar de Conturiz, o colectivo expresou ao alcalde a súa intención de expandir a súa actividade a outras parroquias e barrios, un aspecto que Miguel Fernández valorou e para o que ofreceu o apoio do Goberno Local.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeira-reunion-do-alcalde-coa-nova-asociacion-cultural-lugo-sur-para-conecer-suas-linas-de