Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Primeira reunión do alcalde co presidente de Gatos Roxos para abordar as principais necesidades para o barrio das Gándaras

Primeira reunión do alcalde co presidente de Gatos Roxos para abordar as principais necesidades para o barrio das Gándaras

Miguel Fernández informou de que o Concello acometerá de xeito inmediato a limpeza integral do barrio e a estudiar a mellora da seguridade viaria na zona.

Así mesmo o rexedor e o representante do colectivo veciñal abordaron fórmulas para mellorar a seguridade viaria e do tráfico peonil na zona.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Martes, 22 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Primeira reunión do alcalde co presidente de Gatos Roxos para abordar as principais necesidades para o barrio das Gándaras

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá o seu primeiro encontro como rexedor coa directiva da Asociación de Veciños Gatos Roxos  para abordar as principais necesidades para a zona de As Gándaras. No transcurso de dito encontro, Miguel Fernández comprometeuse a acometer de xeito inmediato a limpeza integral do barrio, unha das principais necesidades trasladadas desde este colectivo ao rexedor, quen sinalou que “dentro da programación habitual do servizo de limpeza municipal, se procederá a esta intervención integral”.

Así mesmo o rexedor e o presidente do colectivo veciñal abordaron fórmulas para mellorar a seguridade viaria e do tráfico peonil na zona. Deste xeito, valorouse a construción dunha beirarrúa en Virxe da Solidade, desde a Calzada das Gándaras ata o colexio, co obxectivo de mellorar a seguridade. Neste sentido, Miguel Fernández explicou que se está a estudiar a posibilidade de expropiar unha parcela, para despois avanzar na creación da beirarrúa.

Nesta liña de traballo,  Fernández infomou ao representante veciñal de que o Goberno local está a traballar co Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para atopar fórmulas que permitan comunicar de xeito seguro a zona residencial do barrio coa parte máis comercial e industrial formada polo polígono e que agora se atopa separada polo trazado da Rolda Norte.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeira-reunion-do-alcalde-co-presidente-de-gatos-roxos-para-abordar-principais-necesidades