Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Primeira reunión da Comisión de seguemento dos acordos do Pleno Municipal

Primeira reunión da Comisión de seguemento dos acordos do Pleno Municipal

Trátase dunha xuntanza, na que a Alcaldesa informou aos grupos políticos da Corporación do trámite e seguemento que están levando distintas proposicións aprobadas no Pleno, sendo a creación desta comisión un dos propios acordos

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 24 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Primeira reunión da Comisión de seguemento dos acordos do Pleno Municipal

O Salón de Comisión do Concello acolleu este luns a primeira reunión da Comisión de seguemento do acordos do Pleno. Así o deu a coñecer o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen subliñou que se tratou dunha xuntanza, na que se a rexedora informou a todos os grupos políticos da Corporación Municipal do trámite e seguemento que están levando ata o momento distintas proposicións aprobadas no Pleno, sendo a creación desta comisión un dos propios acordos. Estas xuntanzas terán caracter trimestral.

Miguel Fernández destacou o xesto de trasparencia do Goberno Local convocando esta comisión, cuxa norma fundamental é facer cumprir os acordos que se aproben en Pleno. Nesta liña, Fernández asegurou que se debe ter en conta a complexidade, nalgúns casos, de determinadas actuacións que se teñen que levar a cabo para acadar o cumprimento. Así mesmo, fixo fincapé en que o Goberno busca sempre o consenso e a maioría en beneficio dos intereses dos veciños e veciñas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeira-reunion-da-comision-de-seguemento-dos-acordos-do-pleno-municipal