Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Primeira recepción da alcaldesa ao Almirante xefe do Arsenal de Ferrol, na que falaron dos actos da Semana Santa e da vinculación do corpo coa cidade

Primeira recepción da alcaldesa ao Almirante xefe do Arsenal de Ferrol, na que falaron dos actos da Semana Santa e da vinculación do corpo coa cidade

Paula Alvarellos recibiu no Concello a Gonzalo Villar, quen tomou posesión como máximo responsable da Armada ferrolá o pasado mes de outubro.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo
Martes, 11 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Primeira recepción da alcaldesa ao Almirante xefe do Arsenal de Ferrol, na que falaron dos actos da Semana Santa e da vinculación do corpo coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta mañá no Concello de Lugo ao novo Almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Gonzalo Villar, que o pasado mes de outubro substituíu no cargo ao ata entón principal responsable da Armada ferrolá, Ignacio Frutos Ruiz, quen foi ascendido a Almirante Jefe de Apoyo Logístico, con destino en Madrid.

A rexedora municipal recibiu por primeira vez a Gonzalo Villar na Casa Consistorial, nunha reunión cordial, na que abordaron a vinculación deste corpo militar coa cidade de Lugo e os actos da Semana Santa lucense, nos que participarán, como é tradicional desde hai anos, mariñeiros deste arsenal na procesión da Virxe da Esperanza. Alcaldesa e Almirante xefe xa coincidiron o pasado mes de xaneiro na celebración do Día do San Xiao, patrón da cidade departamental, nunha xornada na que participa como invitada tanto a rexedora municipal como outros membros da Corporación Municipal.

Paula Alvarellos destacou “esta estreita colaboración de máis de 70 anos e o papel importante que xoga a Armada de Ferrol no desenvolvemento dos actos da Semana Santa lucense”, que, lembrou “é desde 2019 Festa de Interese Turístico Galego, e que agora busca conseguir este distintivo a nivel nacional”. De feito, co respecto á participación dos integrantes do Arsenal de Ferrol na procesión da Virxe da Esperanza, Alvarellos Fondo sinalou que “é sen dúbida unha das procesións máis queridas e seguidas polas cidadás e cidadáns lucenses”. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/primeira-recepcion-da-alcaldesa-ao-almirante-xefe-do-arsenal-de-ferrol-na-que-falaron-dos