Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Preto de cincuenta mozos e mozas recibiron hoxe os diplomas dos cursos impartidos na Casa da Xuventude

Preto de cincuenta mozos e mozas recibiron hoxe os diplomas dos cursos impartidos na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 03 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou este mércores os diplomas e certificados de asistencia ós 47 alumnos participantes nos distintos cursos de formación +Xti que se impartiron na Casa da Xuventude.

Dentro deste programa impartíronse os cursos de monitor medioambiental, comercial de ventas, creación de tendas online e curso e iniciación á pastelería, cos que se pretende favorecer aos mozos e mozas a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conteñen un interese e atractivo para a mocidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/preto-de-cincuenta-mozos-e-mozas-recibiron-hoxe-os-diplomas-dos-cursos-impartidos-na-casa-da