Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Preto de 250 escolares participarán nas V Xornadas de Tear organizadas polo Concello de Lugo

Preto de 250 escolares participarán nas V Xornadas de Tear organizadas polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 04 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As V Xornadas de Tear organizadas pola Concellería de Muller e Servizos Sociais terán lugar do 8 ó 11 de xaneiro no Centro Social de Fingoi. Como houbo máis solicitudes que horarios ofertados, propúsose amplialas a dous días máis, o 14 e o 15 de xaneiro.

Serán en total preto de 250 escolares de diferentes colexios da cidade os que participarán nestas xornadas. Alumnos do Colexio Anexa, María Auxiliadora, Cervantes, Galén, Casás e integrantes de Aspnais, coñecerán de primeira man as técnicas de tear.

Como final das xornadas, o día 15 ás 10:30 horas farase un almorzo na cafetería do Centro Social coas voluntarias que exercen de monitoras (alumnas dos obradoiros de Tear).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/preto-de-250-escolares-participaran-nas-v-xornadas-de-tear-organizadas-polo-concello-de-lugo