Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Presentado o último número da revista Xistral

Presentado o último número da revista Xistral

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 15 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presidiu esta tarde a presentación do último número de Xistral, a revista lucense de creación poética, nun acto que se celebrou no salón de sesións do Concello.

O número 13 desta publicación poética que publica a Concellería de Cultura contén poemas de 52 poetas, entre eles Helena Villar Janeiro, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza, e conta con ilustracións de Guerreiro.

O coordinador da revista, Camilo Gómez Torres, salientou na presentación que neste número inclúense homenaxes á cidade de Lugo, ó Río Miño, a Novoneyra, Rosalía de Castro e ás mulleres.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/presentado-o-ultimo-numero-da-revista-xistral