Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Presentado o primeiro disco que realizou o alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo

Presentado o primeiro disco que realizou o alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo

A Alcaldesa e membros da Corporación municipal asistiron á presentación deste disco, que conta cunha duración de preto de 52 minutos e con 17 temas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Música,
    • Educación,
    • Formación
Martes, 20 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentado o primeiro disco que realizou o alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación municipal asistiron este martes no MIHL á presentación do primeiro disco realizado polo alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo. Este disco conta cunha duración de preto de 52 minutos e con 17 temas, entre os que se atopan O Carro, Let Me Wait, Argallada de San Froilán, Rumba de Ramiro, ou Over My Head, entre outros.

A rexedora destacou “o traballo de todos os alumnos e alumnas, así como do profesorado desta escola, que fixo un importante esforzo para conseguir sacar adiante este primeiro disco”. Así mesmo, a Alcaldesa amosou “o orgullo tanto do Goberno municipal como da Corporación polo éxito acadado pola nosa Escola de Música, que a día de hoxe conta con máis de 700 alumnos e 1.000 matriculados, ademais de ter unha lista de espera de 400 persoas”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/presentado-o-primeiro-disco-que-realizou-o-alumnado-da-escola-municipal-de-musica-de-lugo