Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Praza do Castiñeiro acollerá numerosas actividades de lecer para a mocidade lucense

A Praza do Castiñeiro acollerá numerosas actividades de lecer para a mocidade lucense

  • Tema
    • Xuventude
Venres, 22 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A vindeira semana comezará na Praza do Castiñeiro un conxunto de actividades de lecer dirixidas á mocidade lucense organizadas pola Concellería de Xuventude.

Dende a área que dirixe Carmen Basadre considérase que a rúa é un importante espazo de socialización  no que se pode traballar no ámbito da educación a través do lecer constructivo. Ademais, preténdese dar alternativas de lecer atendendo ás necesidades detectadas na comunidade lucense e, sobretodo, disminuindo os factores de risco e aumentando os factores de protección dos mozos e mozas de Lugo.

As actividades terán lugar de luns a venres entre as 18:00 e as 20:00 horas do 25 de agosto ao 12 de setembro.

As rapazas e rapaces poderán participar nas diferentes actividades preparadas como os partidos de pinpón, badminton, fútbol, baloncesto, voleiball, rugbi, hoockey, mazaball, xogos malabares como diábolos, aros, indiakas, platos chinos e xogos con paracaídas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/praza-do-castineiro-acollera-numerosas-actividades-de-lecer-para-mocidade-lucense