Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago

Por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago

A área de Participación traballa na oferta dos postos que actualmente están baleiros

  • Tema
    • Comercio,
    • Impostos,
    • Recadación
Xoves, 24 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “segundo un informe de facenda local, por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago”.
 
Cristina López indicou que dende a área de Participación se está a traballar en ofertar os postos que se deron de baixa nos últimos tempos. Un total de 13 postos na Praza de Abastos, 13 no Mercado Municipal, 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. Segundo declarou a concelleira, “na actualidade o prego está redactado e trasladado ao servizo de intervención para a súa tramitación”.
 
Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas”.

Audio

  • A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre os postos da Praza de Abastos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/por-primeira-vez-todos-os-postos-da-praza-de-abastos-e-do-mercado-municipal-estan-ao-corrente

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191024_cristina_lopez_mercados.mp3