Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A ponte sobre o Miño á altura da ETAP estará cortada o xoves pola mañá para a retirada de troncos e árbores do río

A ponte sobre o Miño á altura da ETAP estará cortada o xoves pola mañá para a retirada de troncos e árbores do río

Estes traballos, coordinados pola Concellería de Infraestruturas Urbanas e Protección Civil, realízanse todos os anos aproveitando a época estival

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Tráfico
Martes, 25 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello informa de que este xoves, 27 de agosto, cortarase ao tráfico a ponte sobre o río Miño á altura da Estación Depuradora de Auga Potable (ETAP) co fin de retirar do cauce troncos e árbores que obstaculizan o azud ou presa que regula o caudal necesario para o abastecemento de auga da cidade. O corte, que terá lugar entre as 9.00 e as 15.00 horas, afectará ás parroquias de Adai e Meilán, os dous núcleos que une a ponte situada á altura da ETAP.

As alternativas que teñen os usuarios para poder cruzar o río son a ponte de Ombreiro, a da Nacional 540 e a ponte branca, que enlaza a N-VI coa estrada de Portomarín e a estrada vella de Santiago, en San Lázaro.

Os devanditos traballos de limpeza do río, coordinados pola Concellería de Infraestruturas Urbanas e Protección Civil, realízanse todos os anos aproveitando a época estival. Para levalos acabo, necesítanse buceadores e a intervención de grúas sobre a ponte.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ponte-sobre-o-mino-altura-da-etap-estara-cortada-o-xoves-pola-mana-para-retirada-de-troncos-e