Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Policía Local recibe do CD Lugo a camiseta asinada polo equipo en agradecemento ao labor desenvolvido durante toda a tempada

A Policía Local recibe do CD Lugo a camiseta asinada polo equipo en agradecemento ao labor desenvolvido durante toda a tempada

  • Tema
    • Deportes
Martes, 07 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local recibe do CD Lugo a camiseta asinada polo equipo en agradecemento ao labor desenvolvido durante toda a tempada

A Policía Local vén de recibir esta mañá unha camiseta do Club Deportivo Lugo asinada por todos os xogadores do equipo.

Un xesto co que o cadro albivermello quixo agradecer ao Corpo a colaboración prestada durante toda a tempada nos diferentes dispositivos de seguridade que se organizaron con motivo da celebración dos partidos disputados no estadio Anxo Carro.

O Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro e o Inspector José Río recolleron con moita satisfacción este agasallo da man do director deportivo e do xefe dos vixilantes de seguridade do CD Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/policia-local-recibe-do-cd-lugo-camiseta-asinada-polo-equipo-en-agradecemento-ao-labor