Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Policía Local identifica a dous mozos como presuntos autores das pintadas en varias fachadas

A Policía Local identifica a dous mozos como presuntos autores das pintadas en varias fachadas

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Policía local identificou a dous mozos como presuntos autores de pintadas en varias fachadas do barrio da Milagrosa, as 1.00 horas do día 2 de febreiro.
Os axentes foron alertados por un veciño de que dous mozos estaban a facer pintadas en varias fachadas de edificios das rúas Río Navia e Valle Inclán. Os axentes localizaron de inmediato aos dous mozos que respondían ás características que o denunciante describira.

Os presuntos autores foron identificados como D.L.V. de 22 anos e A.R.P. de 21 anos ambos veciños de Lugo e trasladados a Comisaría de Policía onde se intrúen as correspondentes dilixencias a espera de que os afectados presenten as denuncias por danos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/policia-local-identifica-dous-mozos-como-presuntos-autores-das-pintadas-en-varias-fachadas