Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Policía Local detivo esta madrugada a un home por un delito de resistencia grave a axentes da autoridade e outro contra a seguridade viaria

A Policía Local detivo esta madrugada a un home por un delito de resistencia grave a axentes da autoridade e outro contra a seguridade viaria

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 26 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, procederon, sobre as 3,45 horas do día 26 de novembro, á detención dun home, nacido no ano 1971, veciño desta cidade e que responde as iniciais F.L.LL., como presunto autor dun delito de resistencia grave a axentes da autoridade e outro delito contra a seguridade viaria.

Os feitos ocorreron cando axentes da Garda Civil de servizo na Comandancia requiren a presenza policial xa que pararan a un condutor que se dedicaba a facer soar a bucina repetidamente nas inmediacións do acuartelamento. O equipo de Atestados comproba que o devandito condutor presenta síntomas de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo requirido para efectuar unha proba de detección alcohólica, NEGÁNDOSE á mesma, o que supón a comisión dun delito contra a seguridade viaria.

Así mesmo cando ía ser trasladado a dependencias policiais ofrece grave resistencia aos axentes, proferindo insultos cara a eles, motivo polo cal se procede á súa detención e traslado para instruír as dilixencias oportunas para a súa remisión ao Xulgado de Garda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/policia-local-detivo-esta-madrugada-un-home-por-un-delito-de-resistencia-grave-axentes-da