A Policía Local detén un individuo como presunto autor dun delito de roubo con forza nun camión formigoneira
Axentes da Policía Local detiveron hoxe, día 23 de abril, na rúa Illas Canarias ás 04.45 horas, a J.B.J. de 47 anos, veciño desta cidade como presunto autor do roubo dun vehículo camión formigoneira.
A Policía Local foi alertada de que un camión chocara co edificio nº 8 da praza Primeiro de Maio. Os axentes foron informados no lugar por unha testemuña das características físicas do individuo autor dos feitos, ó que posteriormente localizaron na rúa Illas Canarias. J.B.J. manifestou que non levaba documentación e que se atopaba enfermo.
Mentras os policias trasladaban ó presunto autor ó Hospital Xeral, outra patrulla comprobaba que o camión tiña o puente feito e dentro da cabina unha funda de traballo co DNI do detido no seu interior.
Segundo indicou o propietario, o camión estaba estacionado na obra que se está a facer nas inmediacións da igrexa da praza da Milagrosa.
No seu recorrido, o camión causou danos no edificio nº 8 da praza Primeiro de Maio, na barreira que pecha esta praza e no letreiro do establecemento sito no nº 285 da avda. da Coruña.
O detido quedou ingresado no Módulo de Seguridade do centro hospitalario.
