Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Policía Local detén dous individuos de orixe rumana como presuntos autores dun delito de roubo

A Policía Local detén dous individuos de orixe rumana como presuntos autores dun delito de roubo

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axentes da Policía Local detiveron hoxe, día 2 de maio, ás 5.30 horas a dous individuos de orixe rumana como presuntos autores dun delito de roubo no establecemento comercial dedicado a droguería e perfumería sito na rúa Bispo Aguirre cruzamento coa rúa cregos.

Os axentes que prestaban servizo pola zona viron que o enreixado do local estaba parcialmente levantado e a porta do interior forzada, polo que accederon ó interior.

Os gardas localizaron escondidos detrás do mostrador aos dous individuos, a caixa rexistradora reventada e 15 bolsas de lixo que contiñan diversos productos de droguería e perfumería.

M.A. de 32 anos, de Romanía e M.G. F., de 21 anos da mesma nacionalidade foron detidos e trasladados a Comisaría á espera de pasar a disposición xudicial.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/policia-local-deten-dous-individuos-de-orixe-rumana-como-presuntos-autores-dun-delito-de-roubo