Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Policía Local denunciou este sábado a 17 persoas por incumprir a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá

A Policía Local denunciou este sábado a 17 persoas por incumprir a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá

Esta infracción podería levar aparellada unha sanción de entre 601 a 30.000€

  • Tema
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Domingo, 22 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local denunciou este sábado a 17 persoas por incumprir a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá

No día de onte, sábado, 21 de marzo, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio establecéronse diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para a comprobación e, no seu caso, impedir que se leven a cabo actividades suspendidas e velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos, impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma en todo o país, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

No transcurso destes dispositivos levantáronse DEZASETE actas de infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, que poden levar aparellada unha sanción, para cada un dos denunciados, de entre 601 a 30.000 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/policia-local-denunciou-este-sabado-17-persoas-por-incumprir-lei-organica-de-proteccion-da