A Policía Local auxilia ao condutor dun camión que levaba varios días estacionado na ronda do Carme
Axentes da Policía Local estiveron varios días intentando localizar ao condutor dun camión con matrícula estranxeira estacionado na ronda do Carme.
Segundo denunciaron veciños da zona á Policía, o vehículo levaba estacionado varios días e desprendía mal olor.
Os axentes averiguaron que o condutor sufrira unha indisposición da que tivo que ser intervido cirurxicamente no Hospital Xeral.
O sábado día 4, foi dado de alta e coa colaboración da Policía Local e do Servizo de Protección Civil puido poñer en marcha o seu camión e continuar a viaxe para o seu país, Polonia. O servizo de Protección Civil coa axuda dunhas pinzas conseguíu encender o motor do camión que tiña a batería descargada.
O condutor identificado, A.K.P., de 26 anos e de nacionalidade polaca conducía o camión matrícula WPR-68-NK, pola ronda do Carme cando se sentíu indisposto polo que se trasladou ao Hospital Xeral onde foi intervido de urxencia e permaneceu ingresado varios días. O camión estaba cargado con fariña de peixe envasada que o levar varios días producía mal olor.
