Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As piscinas exteriores de Frigsa recibiron a preto de 10.000 usuarios e usuarias durante o pasado mes de xullo

As piscinas exteriores de Frigsa recibiron a preto de 10.000 usuarios e usuarias durante o pasado mes de xullo

A asistencia rexistrada sigue a tónica doutros anos e pon en valor os convenios con clubs e asociacións deportivas para o emprego destas instalacións municipais.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Natación,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas
Venres, 08 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As piscinas exteriores de Frigsa recibiron a preto de 10.000 usuarios e usuarias durante o pasado mes de xullo

Preto de 10.000 persoas acudiron durante o pasado mes ás piscinas exteriores de Frigsa, unha das instalación municipais máis visitadas polos e polas lucenses durante os meses de verán. Os datos de asistencia ás piscinas de Frigsa son similares aos doutros anos, aínda que “o que se está a incrementar ano tras ano son os convenios e acordos con clubs, asociacións deportivas e campamentos infantís para que os cativos e cativas poidan empregar estas instalacións, ofrecendo desde o Concello prezos especiais ou abonos”, sinala o concelleiro da área de Deportes, Jorge Bustos.

Ao igual que outros anos, e pola climatoloxía de Lugo durante o pasado mes, ao longo de xullo, os datos de entradas rexistradas nas piscinas exteriores variaron moito, con xornadas nas que se rexistraron menos de 50 persoas a outras nas que se contabilizaron preto de 850 usuarios e usuarias. Un ano máis, a área de Deportes decidiu manter os prezos de acceso ás piscinas e tamén as contías dos abonos.

Ditas instalacións estarán abertas ao público ata o vindeiro 31 de agosto, en horario continuo, de 12.00 a 20.30 horas entre semana, e o peche, media hora antes, os sábados e domingos. Transcorrida a primeira semana de agosto os datos de asistencia media superan aos rexistrados no mes de xullo, unhas cifras que se prevé manter ao longo deste mes. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/piscinas-exteriores-de-frigsa-recibiron-preto-de-10000-usuarios-e-usuarias-durante-o-pasado