Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A piscina das Pedreiras reabrirá ao público o próximo día 2 de agosto, tras realizar labores de mantemento do sistema hidráulico

A piscina das Pedreiras reabrirá ao público o próximo día 2 de agosto, tras realizar labores de mantemento do sistema hidráulico

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Natación,
    • Instalacións deportivas,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Martes, 30 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A piscina das Pedreiras reabrirá ao público o próximo día 2 de agosto,  tras realizar labores de mantemento do sistema hidráulico

O Concello de Lugo informa que a piscina das Pedreiras reabrirá ao público este venres, 2 de agosto, logo de acometerse unha serie de labores de mantemento do sistema hidráulico no mes de xullo. Neste complexo da zona sur da cidade, levouse a cabo recentemente a modernización do sistema de climatización do vaso e mellorouse o illamento, ao tempo que se renovou e pintou a zona do ximnasio, así como pequenas melloras noutras dependecias do centro.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola Área de Deportes para conservar e modernizar as instalacións deportivas municipais. En total, a capital conta na actualidade con máis de medio cento de recintos municipais destinados á práctica deportiva e ao adestramento que o Concello cede gratuitamente ao tecido asociativo e sobre os que exerce unha supervisión continuada para garantir o seu bo estado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/piscina-das-pedreiras-reabrira-ao-publico-o-proximo-dia-2-de-agosto-tras-realizar-labores-de