Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As persoas que teñan bonos da piscina exterior de Frigsa poderán compensalos

As persoas que teñan bonos da piscina exterior de Frigsa poderán compensalos

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Natación,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Venres, 05 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, tras optar por abrir a gratuidade da piscina exterior de Frigsa ante a negativa da Xunta de Galicia a autorizar a plataforma do río Miño, compensará ás persoas que teñan os bonos xa adquiridos da seguinte maneira:

  • Poderán utilizalos nas piscinas climatizadas das Pedreiras e Frigsa a partir do 1 de setembro.
  • Poderán utilizalos na piscina exterior de Frigsa no verán próximo e, neste caso, o Concello duplicaralle o número de baños previstos nos bonos de maneira gratuíta.

Para solicitar a compensación, os interesados deberán achegarse ás instalacións de Frigsa en horario de 9.00 h. a 14.00 horas ou de 16.00 h. a 20.00 horas, e presentar o correspondente abono acompañado do DNI titular do mesmo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou onte que eximirá do pago de acceso ás piscinas exteriores para que “ningún veciño deixe de ter a oportunidade de refrescarse ante as altas temperaturas deste verán”.

A rexedora sostén que ante a discriminación do Goberno galego aos lucenses, “desde o Concello habilitamos alternativas porque só nos move ou benestar da nosa veciñanza”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/persoas-que-tenan-bonos-da-piscina-exterior-de-frigsa-poderan-compensalos