Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Pechados os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta laranxa activada por fortes ventos

Pechados os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta laranxa activada por fortes ventos

A medida manterase hoxe e mañá ante a previsión de rachas máximas de 90 quilómetros por hora  

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Martes, 15 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora da tarde deste martes quedaron pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos previstos para a xornada de hoxe e mañá. As rachas máximas de vento poderán superar os 90 quilómetros por hora. Está previsto que o peche dos parques se manteña ata a tarde noite deste mércores, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/pechados-os-parques-da-milagrosa-e-rosalia-de-castro-debido-alerta-laranxa-activada-por-fortes