Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Pecha o prazo de solicitude de axudas para transporte ás persoas con dificultades de mobilidade

Pecha o prazo de solicitude de axudas para transporte ás persoas con dificultades de mobilidade

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pecha mañá, martes, o prazo de solicitude de axudas económicas para persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado-exercizo 2007 aprobadas por Decreto da alcaldía nº 57/2007 do libro de resolucións en materia de contratación-fomento.

As bases reguladoras deste tipo de axudas publicáronse no BOP nº 102 do venres, 4 de maio de 2007, e están expostas no Tabolerio de Edictos deste Concello (Edificio de Servizos Administrativos), durante o prazo dun mes, é dicir até o día 5 de xuño. Tamén poden consultarse na web municipal, www.lugo.es [1].

As personas interesadas poden presentar antes de mañá solicitudes, en modelo oficial, no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/pecha-o-prazo-de-solicitude-de-axudas-para-transporte-persoas-con-dificultades-de-mobilidade

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es