Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Pecha a mostra sobre Rosalía no Uxío Novoneyra

Pecha a mostra sobre Rosalía no Uxío Novoneyra

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro Social Uxío Novoneyra acolle as últimas xornadas da mostra “Rosalía Ilustrada”, organizada pola Concellería de Educación, q ue dirixe María Dolores Vieiro, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e a Casa Museo Rosalía de Castro, e que pechará as súas portas o venres.

A mostra estivo aberta ao público polas tardes mentres que pola mañá foron os grupos de escolares os que realizaron esta visita guiada.

A mostra recolle 25 poemas de Rosalía de Castro acompañados cada un por unha ilustración feita por artistas galegos. Está dirixida aos escolares de terceiro ciclo de Primaria e de Secundaria.

Polas tardes a mostra estivo aberta a todo o público e foi gratuíta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/pecha-mostra-sobre-rosalia-no-uxio-novoneyra