Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A pavimentación da Ronda da Muralla entre San Roque e Bispo Odoario acometerase esta noite e a de mañá

A pavimentación da Ronda da Muralla entre San Roque e Bispo Odoario acometerase esta noite e a de mañá

Esta noite, entre as 21:30 e as 01:00 horas, os operarios pavimentarán os entronques da Ronda coas rúas adxacentes, para o que quedará sempre alomenos un carril libre de circulación

Na noite do xoves ao venres asfaltarase a Ronda, obras para as que será preciso cortar ao tráfico a totalidade do tramo de San Roque a Bispo Odoario, entre as 21:30 e as 7:00 horas

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Tráfico
Mércores, 18 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os traballos de pavimentación do tramo da Ronda da Muralla entre San Roque e Bispo Odoario acometeranse ao longo desta noite e durante a de mañá. Aínda que a calzada xa estaba lista para asfaltar dende a semana pasada, houbo que esperar á mellora das condicións meteorolóxicas para acometer estas últimas obras coas que queda rematado o proxecto de mellora da principal arteria de comunicación da cidade.

Esta noite, entre as 21.30 e as 01.00 horas, os operarios procederán á pavimentación dos entronques da Ronda coas rúas adxacentes, para o que quedará sempre alomenos un carril libre de circulación. Na noite do xoves ao venres pavimentarase a Ronda, obras para as que será preciso cortar ao tráfico a totalidade do tramo de San Roque a Bispo Odoario, entre as 21.30 e as 7.00 horas. Os traballos acometeranse en horario nocturno para minimizar as molestias aos conductores e peóns.

O Concello acometeu as actuacións de mellora da Ronda da Muralla, que contan cun orzamento total de 208.000 euros, en varias fases para poder garantir a mobilidade, tanto de vehículos como de peóns. Deste xeito, estableceu tres tramos, entre a Rúa San Roque e a metade da Praza Asturias, entre a outra metade da Praza Asturias e a Avenida da Coruña e un terceiro entre a Avenida da Coruña e a Praza Bispo Odoario.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/pavimentacion-da-ronda-da-muralla-entre-san-roque-e-bispo-odoario-acometerase-esta-noite-e-de