Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos visita o Club Fluvial de Lugo e se interesa polos proxectos futuros da entidade

Paula Alvarellos visita o Club Fluvial de Lugo e se interesa polos proxectos futuros da entidade

A Alcaldesa foi recibida pola xunta directiva, quen lle fixo entrega da figura de Sargadelos do que foi o edificio primixenio da sociedade, a terceira con máis socios de Galicia.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Deportes,
    • Escolas deportivas,
    • Instalacións deportivas
Martes, 19 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos visita o Club Fluvial de Lugo e se interesa polos proxectos futuros da entidade

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou esta mañá as instalacións do Club Fluvial de Lugo, onde foi recibida por varios integrantes da xunta directiva, encabezada polo seu presidente, Tito Valledor e polo seu vicepresidente, Luís Ramos Misioné. A rexedora municipal asinou no libro de ouro da sociedade deportiva e se interesou por proxectos futuros dunha entidade, da que destacou que “ten un gran peso non só desde o punto de vista deportivo, senón tamén social”, ao tempo que puxo en valor “o feito de que sexa a terceira entidade con maior número de socios de toda Galicia”.

Pola súa banda, os integrantes da xunta directiva do Fluvial de Lugo fixeron entrega á alcaldesa da figura de cerámica de Sargadelos, que representa ao edificio primixenio do club, que foi obxecto dunha importante ampliación hai uns oito anos e que na actualidade conta cuns 17.000 socios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-visita-o-club-fluvial-de-lugo-e-se-interesa-polos-proxectos-futuros-da