Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos supervisa os últimos detalles no novo auditorio de Lugo antes da súa inauguración

Paula Alvarellos supervisa os últimos detalles no novo auditorio de Lugo antes da súa inauguración

"Non podo esperar para que chegue o gran día da estrea e para que o talento lucense brille no concerto da Orquestra Terra Nova", afirmou Paula Alvarellos durante a visita.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Urbanismo
Domingo, 15 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos supervisa os últimos detalles no novo auditorio de Lugo antes da súa inauguración

A rexedora Paula Alvarellos visitou esta tarde o novo auditorio para supervisar os últimos detalles que se están executando estes días e garantir que todo estea listo para a súa inauguración este venres 20 cunha actuación especial de Ainhoa Arteta. "Non podo esperar para que chegue o gran día e para que o talento lucense brille no concerto da Orquestra Terra Nova", declarou Alvarellos durante a visita.
 
O sábado 21 será a quenda da Orquestra Terra Nova, composta por case 150 músicos e coristas, que ofrecerán un espectáculo único co talento local como protagonista. "Este concerto é unha oportunidade única para poñer en valor o talento musical de Lugo e amosar a riqueza cultural da nosa cidade", destacou Alvarellos. Para pechar este arranque cultural, o domingo 22, Ainhoa Arteta volverá ao escenario cunha segunda actuación que promete ser inesquecible.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-supervisa-os-ultimos-detalles-no-novo-auditorio-de-lugo-antes-da-sua