Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos reuniuse cos veciños de Calzada da Ponte

Paula Alvarellos reuniuse cos veciños de Calzada da Ponte

"A mellor forma de desenvolver políticas que respondan ás necesidades reais dos veciños e veciñas é manter un contacto estreito e continuo para poder tomar medidas efectivas e eficientes", destacou a rexedora.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Mércores, 17 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos reuniuse cos veciños de Calzada da Ponte

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; e a concelleira de Cohesión Territorial, Ana Abelleira;  mantiveron unha reunión cos veciños de Calzada da Ponte na Casa do Concello, onde se trataron temas clave para a contorna como a regulación do tráfico circulatorio e a renovación de mobiliario urbano. Este encontro reflicte o compromiso do Executivo de Alvarellos coa escoita e a colaboración estreita co tecido asociativo e os representantes veciñais.

"A mellor forma de desenvolver políticas que respondan ás necesidades reais dos veciños e veciñas é manter un contacto estreito e continuo para poder tomar medidas efectivas e eficientes", destacou a alcaldesa Paula Alvarellos durante a reunión. Este tipo de encontros subliña a importancia de manter un diálogo aberto e constante coa cidadanía para mellorar a calidade de vida en todos os barrios da cidade. Pola súa banda, a edil de Cohesión Territorial destacou que “o obxectivo destas reunións é coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza de todas as zonas para así poder realizar un estudo de diagnóstico e, á súa vez, confeccionar un plan de traballo que responda as prioridades e demandas sociais específicas de cada área”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-reuniuse-cos-vecinos-de-calzada-da-ponte