Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos recibiu ao alumnado alemán da Humboldt Schule de Leipzig no Concello de Lugo

Paula Alvarellos recibiu ao alumnado alemán da Humboldt Schule de Leipzig no Concello de Lugo

“A educación intercultural fortalece lazos e ofrece unha aprendizaxe única para o noso alumnado,” sinalou a alcaldesa.

 
  • Tema
    • Educación
Luns, 30 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibiu ao alumnado alemán da Humboldt Schule de Leipzig no Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe no Concello a un grupo de 12 estudantes e 2 profesoras da Humboldt Schule de Leipzig, que participan nun intercambio co IES Lucus Augusti. Durante unha semana, o alumnado alemán coñecerá Lugo e outras partes de Galicia, como parte dun programa que leva 10 anos fomentando a aprendizaxe de linguas e culturas entre os dous centros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibiu-ao-alumnado-aleman-da-humboldt-schule-de-leipzig-no-concello-de-lugo