Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos recibe a sete funcionarios que tomaron hoxe posesión dos seus cargos

Paula Alvarellos recibe a sete funcionarios que tomaron hoxe posesión dos seus cargos

Todos os postos foron cubertos mediante sistema de concurso-oposición en quenda de promoción interna.

  • Tema
    • Emprego,
    • Políticas activas de emprego,
    • Fomento do emprego,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Luns, 10 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe a sete funcionarios que tomaron hoxe posesión dos seus cargos

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo Tenente de Alcaldesa e Delegado da Area de Xestión integral de Recursos Internos, Pablo Permuy; deu a benvida esta mañá a sete funcionarios que hoxe fixeron efectiva a toma de posesión nos seus respectivos cargos. Trátase dunha administrativa de Intervención Xeral, unha administrativa de Planeamento, unha administrativa de enxeñería, un administrativo do órgano de Orzamentación e Contabilidade, unha administrativa de electromecánicos, un administrativo de Fomento e unha administrativa de Educación. Todos os postos foron cubertos mediante sistema de concurso-oposición en quenda de promoción interna.

A promoción dos sete traballadores e traballadoras supón un significativo reforzo para os servizos que presta o Concello de Lugo, que redundará nunha mellor atención a toda a veciñanza. A rexedora felicitou aos administrativos e administrativas “por unha promoción realmente merecida deste grupo de moi bos e boas traballadoras da casa, cos que tiven a fortuna de traballar, e dos que estou segura que continuarán dando un gran servizo a todas e todos os lucenses”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibe-sete-funcionarios-que-tomaron-hoxe-posesion-dos-seus-cargos