Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos preside a toma de posesión da nova xefa de Educación

Paula Alvarellos preside a toma de posesión da nova xefa de Educación

"A educación é clave para construír o futuro da nosa cidade", destacou a rexedora.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Educación,
    • Educación pública,
    • Formación
Mércores, 18 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos preside a toma de posesión da nova xefa de Educación

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu esta mañá a toma de posesión de Beatriz Pérez Traseira como nova xefa do Servizo de Educación do Concello de Lugo, nun acto ao que tamén asistiu o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.

A rexedora trasladoulle os seus parabéns a Beatriz Pérez, destacando que a súa incorporación reforzará o equipo técnico de Educación, “clave para construír o futuro da nosa cidade”. Alvarellos subliñou a importancia de seguir apostando por políticas educativas inclusivas e innovadoras, co fin de mellorar a calidade de vida da cidadanía.

“Estamos convencidos de que Beatriz realizará un labor excepcional nesta nova etapa, e confiamos plenamente na súa capacidade para levar adiante proxectos, no tempo que traballe dentro desta casa, que beneficien ao conxunto da comunidade educativa lucense”, afirmou Paula Alvarellos.

Deste xeito, a chegada de Beatriz Pérez Traseira complementa as recentes incorporacións levadas a cabo noutras áreas do equipo municipal e fortalece o compromiso do Concello con aqueles ámbitos clave que, como a educación, son motor de progreso e igualdade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-preside-toma-de-posesion-da-nova-xefa-de-educacion