Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos: “O papel dos pedáneos e das pedáneas é fundamental na xestión municipal e clave para o desenvolvemento do noso rural”

Paula Alvarellos: “O papel dos pedáneos e das pedáneas é fundamental na xestión municipal e clave para o desenvolvemento do noso rural”

A alcaldesa e a edila de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro cos responsables parroquiais para tratar diversos temas de interese para estas áreas do municipio.

A rexedora anunciou que o próximo 15 maio, coincidindo co Día do Mundo Rural e a celebración de San Isidro Labrador, o Goberno local organizará un acto de homenaxe a esta figura na Casa Consistorial.

Pola súa banda, González Abelleira explicou as melloras que se implementarán no funcionamento dos locais veciñais co obxectivo de optimizar o seu funcionamento e dar cabida á intensa actividade destes puntos de encontro.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Protección do medio rural
Martes, 09 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos: “O papel dos pedáneos e das pedáneas é fundamental na xestión municipal e clave para o desenvolvemento do noso rural”

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro cos pedáneos e pedáneas do municipio para tratar diversos temas de interese para as zonas rurais do concello. Durante a reunión de traballo, que se levou a cabo no salón de actos do Centro de Convivencia de Fingoi, a rexedora destacou a importancia desta figura no funcionamento da Administración local. “O papel dos pedáneos é fundamental na xestión municipal e clave para o desenvolvemento do noso rural. Por iso, consideramos vital intensificar esa relación e poñer en valor este posto e a súa función como interlocutores e altofalantes da comunidade”, asegurou Alvarellos Fondo.

Así, a rexedora anunciou que o próximo 15 maio, coincidindo co Día do Mundo Rural e a celebración de San isidro Labrador, o Goberno local organizará un acto de homenaxe a esta figura na Casa Consistorial. “ Trátase dun recoñecemento a todos e cada un dos pedáneos que este ano estará personificado na traxectoria de Servando Escolante Peteiro, pedáneo de Esperante, quen faleceu recentemente, e na lonxevidade de Dositeo Devesa Lorenzo, de Orbazai, quen aos seus 92 anos leva 42 exercendo esta responsabilidade. O noso obxectivo é expresar o enorme agradecemento a este grupo de veciñas e veciños”, explicou Alvarellos.

Pola súa banda, González Abelleira, entre outros asuntos, comunicou as melloras que se implementarán no funcionamento dos locais veciñais co obxectivo de optimizar o seu funcionamento e dar cabida á intensa actividade destes puntos de encontro. “Buscamos unha mellor coordinación desta rede de locais para así evitar que exista coincidencias na programación e se solapen as horas de uso naqueles con máis actividade e, do mesmo xeito, dinamizar aqueloutros que, por diferentes motivos, son menos visitados pola veciñanza da zona”, concluíu a edila.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-o-papel-dos-pedaneos-e-fundamental-na-xestion-municipal-e-clave-para-o