Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión de 2 novos axentes da Policía Local

Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión de 2 novos axentes da Policía Local

  • Tema
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Martes, 27 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión de 2 novos axentes da Policía Local

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, e polo Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de dous novos axentes que se incorporarán á Administración local logo de superar o correspondente proceso selectivo –oposición en quenda libre– convocado pola Academia Galega de Seguridade.

Os novos axentes son Fernando Adarraga Martínez e Héctor Jato Rodríguez. A rexedora trasladou os seus parabéns aos efectivos polo seu nomeamento, desexándolles sorte no desenvolvemento do seu cometido, “dunha gran relevancia e responsabilidade, sempre ao servizo público de Lugo e da súa veciñanza”.

Deste xeito, Paula Alvarellos deu a benvida aos novos axentes e destacou o importante labor que realiza a Policía Local en prol da convivencia cidadá.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-efectiviza-toma-de-posesion-de-2-novos-axentes-da-policia-local